AGRADECEMENTO COLABORADORES

 

AGRADECEMENTO COLABORADORES

TEMPADA 2023/24

Queridos amigos e amigas,

 

O vindeiro domingo 27 de agosto, desputarase a 45ª edición do Trofeo Industriais. Como sabedes, este trofeo representa o noso recoñecemento e mostra de gratitude cara a todas aquelas entidades que colaborades coa SDC Galicia Mugardos. Un apoio que foi determinante para que esta Sociedade puidese celebrar neste 2023 o seu 70º aniversario e que, sen ningunha dúbida, este respaldo que nos brindades é esencial para asegurar que poidamos celebrar xuntos moitos máis anos.

 

Queremos enfatizar o noso agradecemento a todos aqueles que continuades a colaborar e a todos aqueles comezastes a colaborar co noso clube para esta tempada 2023/24. GRAZAS!

 

De novo, o noso máis sincero agradecemento,

A Directiva da SDC Galicia Mugardos.