Final Copa Xuvenil

O vindeiro Xoves 6 de Decembro ás 16:15 celebrarase no Campo Da Pedreira a Final da Copa de Ferrolterra en categoría xuvenil entre os equipos SDC Galicia de Mugardos e SRD Portuarios.

O mesmo día celebraranse tamén as finais en categoría infantil e cadete no Campo dos Pinares(Perlío):

10:15 : Final en categoría Cadete entre os equipos Galicia de Caranza e O Val

12:00 : Final en categoría Infantil entre os equipos As Pontes e SRD Portuarios