Informe da Federación de Fútbol de Asturias

Un informe da Federación Asturiana pon en evidencia o risco de desplome do fútbol modesto en España pola falta de axudas.

«Influencia deportiva, económica y social del fútbol base» é o título do informe elaborado pola Federación de Fútbol do Principado de Asturias, que entregou o seu Presidente, Maximino Martínez, ó secretario de Estado para o Deporte, Miguel Cardenal. Neste traballo aparecen pormenorizados tódolos epígrafes do que supón ese fútbol, o que non aparece na televisión nin ocupa grandes espacios noutros medios de comunicación. Pero un fútbol fundamental para que, por exemplo, España recibira oito veces nos doce últimos anos o Trofeo UEFA Maurice Burlaz ás mellores categorías inferiores de Europa. Para chegar ahí, ou para que Casillas levantase o trofeo do Mundial en 2010 e das Eurocopas en 2008 e 2012, foi vital a entrega desinteresada de miles de persoas que sosteñen aos clubes, ademáis dos familiares dos aspirantes a futbolistas. A reducción das axudas públicas e a competencia da televisión, con partidos a todas horas, nun contexto xeral de crise económica, debilitou esta base nos últimos anos e as perspectivas non poden ser peores.

Todo esto, ademáis de intanxibles como «a gran labor social na formación dunha xuventude sa  alonxada de malos hábitos», é o que está en perigo se os directivos e familias que o sosteñen non atopan algún motivo para seguir. A Federación Asturiana finaliza o seu informe cunha serie de propostas «dirigidas a quienes, a nuestro juicio, deben y tienen que corregir» los desequilibrios: Liga de Fútbol Profesional e Administracións do Estado.

A continuación pódese descargar a carta e o informe completo:

Carta

Informe