Creación Equipo Feminino

A SDC Galicia de Mugardos informa da súa intención de confeccionar un equipo feminino de eiquí ó remate da tempada, para saír a competir na vindeira 2013-2014, polo que convoca e invita a tódalas mozas e mulleres do pobo e da comarca a poñerse en contacto co clube da Pedreira no seu teléfono 981470858 ou no seu mail galiciademugardos@yahoo.es, podendo tamén pasar polas súas oficinas sitas no propio campo a partires das 19:30 horas de luns a venres.