Presentación Equipo Rexional Preferente

Este mércores 17 de xullo, fíxose a presentación do Equipo da Categoría de Rexional Preferente.

Comezaron así os adestramentos para a preparación da XXV Copa Deputación, e que terá o seu primeiro partido o próximo 31 de xullo no campo de O Beco contra o Cedeira SD.