Selección española Sub-21

 

O vindeiro 12 de novembro mediranse no Estadio de A Malata os combinados nacionais sub-21 de España e Bélgica.

Recordamos que as entradas para dito encontro xa están a disposición de todos aqueles que as desexen adquirir na secretaría do Galicia de Mugardos.

Os prezos son: Tribuna 15 €, Preferencia 12 € e Fondo 10 €.

Tamén informamos que, gracias á Delegación Galega de Fútbol de Ferrol, os alevíns, benxamíns e prebenxamíns do Galicia de Mugardos que desexen acudir ao partido teñen unha invitación gratuíta.