Noraboa Alba!!

Alba Pérez, xogadora do Galicia de Mugardos, participará o próximo fin de semana coa selección galega no Campeonato de España de Seleccións Autonómicas Femininas Sub-16.

Na primeira fase do Campeonato a selección galega xogará na localidade madrileña de Paracuellos del Jarama, o sábado 20 enfrontarase á selección de Navarra e o domingo 21 á selección de Madrid.

Xunto con Alba, tamén foron convocadas as xogadoras María Corral do Cariño e Carmela Barro do Racing de Ferrol, ademáis de Verónica Díaz da SD O Val coa selección Sub-18, o que demostra o bo nivel que está a acadar o fútbol feminino en Ferrolterra.

Máis información aquí.

MOITA SORTE E NORABOA!!!

RESULTADOS SUB 16

Navarra - Galicia: 2-3

Madrid - Galicia: 0-1

RESULTADOS SUB 18

Navarra - Galicia: 1-0

Madrid - Galicia: 3-1

A selección galega Sub16 clasifícase para a seguinte fase do Campeonato de España