PARTIDO AMIZADE ARES-MUGARDOS

O vindeiro sábado, 3 de xaneiro de 2015, ás 11.30 da mañá, xuntaranse no Campo Da Pedreira ex-xogadores do Numancia de Ares e do Galicia de Mugardos para celebrar unha xornada de confraternidade. A participación está aberta a todos aqueles que, no seu día, xogaran tanto no Numancia coma no G. Mugardos, sen límite de idade.

Os dous responsables da organización deste evento son Manel polo Mugardos e Fran Bardanca polo Numancia. Eles son os encargados de confeccionar os dous planteis, polo tanto, calquera ex-xogador interesado en participar debe pórse en contacto con eles ou cos clubs respectivos.