Comunicado Oficial

A Directiva do SDC Galicia de Mugardos informa que este ano non inscribirá ao Galicia de Mugardos B na categoría de 2ª Rexional. O motivo desta decisión é a falta de xogadores para completar unha plantilla con garantías suficientes para competir durante toda a temporada.

A Directiva quere deixar ben claro que esta decisión non ten nada que ver co ascenso do primerio equipo á Terceira División, ao contrario, tanto a Directiva como o corpo técnico estaban moi interesados en contar con xogadores xovenes que competiran en 2ª Rexional con opción a xogar no primeiro equipo, pero a falta de xogadores obriganos a tomar esta decisión.

Recalcamos que esta decisión non implica a desaparición definitiva do Galicia de Mugardos B.No momento que haxa xogadores que permitan a configuración dun equipo volverase a inscribir ao equipo en 2ª Rexional.