Aberto o prazo de inscripción para os equipos de base

A SDC Galicia de Mugardos informa que está aberto o prazo de inscripción para novas incorporacións aos equipos de base. Recordamos que para disfrutar do fútbol no Galicia de Mugardos non existe cuota de inscripción nin cuota mensual. Para obter máis información poden dirixirse ás oficinas do Club no Campo da Pedreira ou ao correo electrónico do Club,galiciademugardos@yahoo.es

As datas de nacemento de cada categoría:

Biberón: Anos 2010 e 2011

Prebenxamín: Anos 2008 e 2009

Benxamín: Anos 2006 e 2007

Alevín: Anos 2004 e 2005

Infantil: Anos 2002 e 2003

Cadete: Anos 2000 e 2001

Feminino: Anteriores ó ano 2003 (incluido)