GALICIA - VENEZUELA

Dende o club desexamos informar, con motivo da celebración do partido da Selección Galega fronte a Venezuela (Venres 20 de Maio ás 21:00 horas no estadio de Riazor) a Federación pon á venda entradas a 10 euros nos fondos e a 15 euros en tribuna e preferencia do estadio de Riazor con trasporte gratuito dende os clubs.

O Galicia de Mugardos vai ter entradas á venda (reservar na secretaria do club), tamén podédevos poñer en contacto co club para que os poda recoller un dos autobuses que pon a Federación.