A Copa do Mundo na Pedreira

A afección verde, así como todas aquelas persoas que celebraron o triunfo da selección española no Mundial de Fútbol celebrado en Sudáfrica, terán a oportunidade de ver de cerca a Copa do Mundo. O trofeo, co que soñan os futbolistas e afeccionados ó fútbol dos cinco continentes, expoñerase nas instalacións do Galicia de Mugardos o sábado 24 de Marzo. A Copa do Mundo permanecerá no Campo da Pedreira durante todo o día e todas as persoas que o desexen poderán vela de cerca, tocala e fotografiarse con ela.