Premios Voltaaria 2012

O venres 1 de xuño ás 20:30 celebrarase, no Pazo da Cultura de Narón, a gala do Fútbol de Ferrolterra e nela se outorgarán os Premios Voltaaria 2012, organizados por voltaaria.com e a Federación Galega de Fútbol coa colaboración de AFACO e AFAFE e o Comité Técnico de Árbitros de Ferrol. Patrocinan os premios os Concellos de Ferrol, Narón, Neda e Fene xunto coa web muchacalidad.com. Na gala entregaranse as copas de campión de liga de todas as competicións da delegación da Federación Galega de Fútbol en Ferrol. O director de voltaaria, Xan Morales, explicou que, ademais dos trofeos de campión de liga, tamén se entregarán trofeos ó mellor adestrador e mellor xogador de Segunda e Terceira Autonómica, Xuvenil e Fútbol Femenino, ó máximo goleador destas categorías e ó equipo máis deportivo, así como ó mellor árbitro e tamén ó mellor club. Todos estos premios terán como xurado aos propios adestradores e xogadores que elexirán ó mellor de cada estamento. O delegado federativo, Manuel Mesa, espera unha gran afluencia a esta festa do fútbol de Ferrolterra e indicou que dende a Federación agárdase que sexa un gran aliciente para tódolos deportistas i especialmente para os máis xovenes. En total, entregaránse máis de 35 trofeos nun acto que será presentado polo xornalista da Radio Galega Raúl Villares. O acto de presentación contou coa presencia dos patrocinadores do evento como o alcalde de Fene, Gumersindo Galego, a concelleira de deportes de Ferrol, Susana Martínez e o edil de deportes de Neda, Roberto Rey, xunto co xestor da web muchacalidad.com, Manel Díaz. En nome de todos os patrocinadores falou a concelleira de deportes de Ferrol, Susana Martínez, que destacou a novidade da iniciativa e o interese dos  concellos por axudar nesta festa do fútbol de Ferrolterra.