Copa Fútbol-7

A Delegación de Fútbol de Ferrol informa que esta temporada a competición da Copa da Delegación de Ferrolterra nas categorías Prebenxamín, Benxamín e Alevín terá un formato diferente a temporadas anteriores. As datas e lugares nos que se disputarán ditas competicións son os seguintes:

  • Copa Prebenxamín: Terá lugar os días 17 e 18 de Maio nas instalacións do R. Neda
  • Copa Benxamín: Terá lugar os días 19, 26 e 27 de Maio no Campo dos Pinares (Perlío)
  • Copa Alevín: Terá lugar os días 12 e 13 de Maio nas instalacións de Caranza

Nota: Publicaremos o horario dos nosos equipos cando o teñamos confirmado