Copa Xuvenil

No partido disputado hoxe no Campo de Sinde(O Val), o Galicia de Mugardos proclamouse Campeón de Copa en categoría xuvenil ao impoñerse ao conxunto de O Val por 3-4,despois de protagonizar unha gran remontada, xa que o Galicia chegou a ir perdendo por 3-1, pero uhna moi boa segunda parte permiteu que os xogadores do Galicia poidesen levantar a Copa de Campeón. Noraboa a xogadores e corpo técnico, non so por este triunfo, senón por unha moi boa temporada.