Liga de Biberóns

Esta semana reuníronse os clubs da AFACO para tratar o tema da Liga de Biberóns e chegaron aos seguintes acordos:

1. A Liga comenzará o fin de semana do 19 ao 21 de Outubro

2. A competición terá o seguinte formato:

          · Fútbol-8, en campo de herba, nos meses de Outubro e Novembro

          · Fútbol-6, en pabellón, nos meses de Decembro, Xaneiro e Febreiro

          · Fútbol-8, en campo de herba, nos meses de Marzo, Abril e Maio

 

Esta semana publicaranse os calendarios, as bases e o ideario da competición. Os clubs participantes serán os seguintes: R.Neda, Numancia de Ares, Xuventude de Cabanas, Barallobre, Miño, O Val (1 equipo en F-8 e dous equipos en F-6), Cedeira, C.Maniños e Galicia de Mugardos. En principio, nove equipos en F-8 e 10 equipos en F-6, ainda que existe a posibilidade de que esta semana se inscriba o Narón.

A Xunta Directiva da AFACO quere agradecer á Delegación da Federación en Ferrol a sua colaboración na organización da Liga de Biberóns.

Os partidos correspondentes á primeira xornada serán os seguintes:

SD Rápido de Neda - Galicia de Mugardos


Cedeira, SD - SD Barallobre


AD Miño - SD O Val


Xuventude FC Cabanas - Cultural Maniños, SD


Numancia: DESCANSA

Os partidos da segunda xornada serán:

SD Barallobre - SD Rápido de Neda

SD O Val - Cedeira, SD

Cultural Maniños, SD - AD Miño

Numancia - Xuventude FC Cabanas

Galicia de Mugardos:  DESCANSA