
COMUNICADO OFICIAL 30/12/2020
Estimados socios e simpatizantes:
Como ben sabedes, fai unhas semanas a Real Federación Galega de Fútbol comunicou a proposta para o fútbol galego de cara a esta tempada. A partir do vindeiro mes de Xaneiro voltarán as competicións a Galicia, seguindo o disposto nun plan de desescalada aprobado pola Xunta de Galicia, que inclúe protocolos especiais e medidas de prevención fronte á COVID-19.