Noticias

21
Oct

Seleccións comarcais

A Delegación de Ferrol da Federación Galega de Fútbol fixo pública as convocatorias das seleccións comarcais nas categorías Alevín, Sub-14 masculina, Sub-12 feminina e Sub 13-14 feminina. Figuran entre os convocados dúas xogadoras do Galicia de Mugardos, Sofi na Sub-12 feminina e Alba na Sub 13-14 feminina. Pódense consultar tódalas convocatorias aquí

18
Oct

Acordos da F.G.F.

No seguinte enlace pódese consultar os acordos, que afectan a varias categorías, adoptados pola Xunta Directiva da Federación Galega de Fútbol da Delegación de Ferrol na reunión celebrada o día 14 de outubro: Acordos  

18
Oct

Novos Vestiarios: Xa están aquí !!!

Comezaron as obras dos novos vestiarios.

Finalmente os vestiarios novos para o campo de herba artificial construiraos o Concello.

Debido á gran necesidade de ampliación dos vestiarios propiedade do Club e os problemas de espazo para construílos no Campo Municipal, optouse por instalar uns vestiarios provisionais prefabricados e autorizar ao Concello á súa colocación temporal nos terreos do club,  ata que se dispoña do seu lugar definitivo.

4
Oct

Liga Biberóns

Xa se coñecen as primeiras xornadas da Liga Non Oficial de Biberóns, disputaranse os días 12, 19, 26 de outubro, 2 e 9 de novembro. A primeira previsión, pendente de axustes finais(datas de Nadal e Semana Santa) é que a Liga de Fútbol 8 dispute a primeira xornada o 12 de outubro, se xoguen as 8 primeiras xornadas (30 de novembro) e a semana seguinte comenzará a de fútbol sala (fútbol 6), para reanudar a de fútbol 8 de novo o 1 de marzo, disputándose as 14 xornadas restantes e finalizando o 31 de maio como todos os anos coa xornada de convivencia en sede ainda por decidir.

Páginas

Suscribirse a Noticias