Noticias

10
Abr

II Premio Estudo e Deporte 2013

O IES Mugardos, en colaboración co Concello de Mugardos, o Club do Mar de Mugardos, a SDC Galicia de Mugardos e a ANPA O Castro, pon en marcha o II Premio Estudo e Deporte para premiar aos estudantes do centro que mellor se desenvolven nos aspectos social, deportivo e académico.

Trátase poñer en valor aos xoves con habilidades sociais capaces de organizarse e de programar o seu tempo con eficacia para render positivamente nos estudos e na actividade física.

8
Abr

DEBUT EQUIPO FEMININO F8

A data 07/04/2013 queda marcada como histórica para o Futbol 8 Feminino do Galicia de Mugardos, porque nela produciuse o debut "oficioso" desta sección. As xogadoras que vemos aquí tiveron a honra de protagonizalo.
O equipo estreouse cun partido amigable co Galicia de Caranza.
Con este debut continúa a preparación do equipo para unirse á liga oficial de Futbol 8 Feminino da próxima tempada.

Ánimo mozas !!!

22
Mar

Curso Monitor de Fútbol Base Nivel 0

O Delegado da F.G.F. en Ferrolterra, D. Manuel Ángel Mesa García, acompañado por D. Miguel A. Santiago González (Coordinador xeral da F.G.F.), D. Manuel Mosquera Bastida (Director da Escola de Adestradores), D. Michel Alonso (Delegado Esc. Adestradores en Ferrol) e D.

22
Mar

Xornada Antiviolencia no Fútbol de Ferrolterra

Recibimos da Delegación de Fútbol de Ferrol o seguinte email, que pola súa importacia reproducimos literalmete:

Páginas

Suscribirse a Noticias