Noticias

20
Mar

I TORNEO F-8 CONCELLO DE MUGARDOS

Os días 28, 29 e 30 de Marzo celebrarase no Campo Municipal de Mugardos, organizado polo Concello de Mugardos coa colaboración da SDC Galicia de Mugardos,  o I Trofeo de F-8 Concello de Mugardos nas categorías Prebenxamín, Benxamín e Alevín.

17
Mar

II Gala do Fútbol de Ferrolterra

O Pazo da Cultura de Narón con capacidade para 1.000 persoas reunirá a tódolos estamentos do fútbol da comarca na segunda edición dos Premios Voltaaria 2013.

17
Mar

Convenio Federación-Pizza Móvil

A Federación Galega de Fútbol asinou un convenio de colaboración coa empresa Pizza Móvil mediante o cal regalaranse a todos os Clubs que teñan categorías de base uns "carnets" que levan asociado un desconto do 50% en Pizza Móvil. Nos próximos días a SDC Galicia de Mugardos repartirá aos seus xogadores, dende xuvenís ata prebenxamíns, ditos "carnets".

25
Feb

Reunión Equipo Feminino

A Xunta Directiva da SDC Galicia de Mugardos convoca a tódalas interesadas en formar parte do equipo feminino a unha xuntanza o mércores 27 de febreiro ás 20:30 h nas oficinas do club, no Campo de Fútbol da Pedreira.

Páginas

Suscribirse a Noticias