I TORNEO F-8 CONCELLO DE MUGARDOS

Os días 28, 29 e 30 de Marzo celebrarase no Campo Municipal de Mugardos, organizado polo Concello de Mugardos coa colaboración da SDC Galicia de Mugardos,  o I Trofeo de F-8 Concello de Mugardos nas categorías Prebenxamín, Benxamín e Alevín.

O Torneo comenzará o Xoves 28 coa categoría Prebenxamín na que participan os equipos: Rápido de Neda, Eume Deportivo, Perlío, Numancia de Ares, Galicia de Caranza, Rayo Sadense A, Rayo Sadense B, Racing de Ferrol, Oza Juvenil, SCRD Burgo, Galicia de Mugardos A e Galicia de Mugardos B.

O Venres 29 será o día dos benxamíns cos equipos: Ánimas, Perlío, Numancia de Ares, O Val, Galicia de Caranza, Portuarios, Racing de Ferrol, Orillamar, Ural, Orzán e Galicia de Mugardos.

O Torneo rematará o Sábado 30 coa participación dos alevíns dos equipos: Ánimas, Eume Deportivo, Perlío, Numancia de Ares, As Pontes, Racing de Ferrol, O Val, Galicia de Caranza, Portuarios, Orillamar, Colegio Franciscanos de Lugo e Galicia de Mugardos.

A Directiva informa que durante os tres días haberá instalada unha carpa nas instalacións do Galicia onde nenos e familias poderán quedarse a comer.

Pódese consultar os horarios aquí.