O Galicia en Twitter

Clasificación Preferente

27
Ago

Queres xogar no Galicia?

27
Ago

AGRADECEMENTO COLABORADORES

 

AGRADECEMENTO COLABORADORES

TEMPADA 2023/24

Queridos amigos e amigas,

 

O vindeiro domingo 27 de agosto, desputarase a 45ª edición do Trofeo Industriais. Como sabedes, este trofeo representa o noso recoñecemento e mostra de gratitude cara a todas aquelas entidades que colaborades coa SDC Galicia Mugardos. Un apoio que foi determinante para que esta Sociedade puidese celebrar neste 2023 o seu 70º aniversario e que, sen ningunha dúbida, este respaldo que nos brindades é esencial para asegurar que poidamos celebrar xuntos moitos máis anos.

6
Jun

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA, 25 XUÑO 2023

 

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA, 25 XUÑO 2023

 

ESTIMADO/A SOCIO/A:

        

Convocámoste á celebración da Asemblea Xeral Ordinaria da nosa entidade que terá lugar no Campo de Futbol da Pedreira o vindeiro Domingo día 25 de Xuño de 2023, ás 11:30 horas en primeira convocatoria, ás 11:45 horas en segunda, e ás 12:00 en terceira, dacordo coas seguintes ordes do dia: 

18
Mayo

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA E EXTRAORDINARIA, 5 XUÑO 2022

 

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA E EXTRAORDINARIA, 5 XUÑO 2022

 

ESTIMADO/A SOCIO/A:

        

Convocámoste á celebración da Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria da nosa entidade que terá lugar no Campo de Futbol da Pedreira o vindeiro Domingo día 5 de Xuño de 2022, ás 11:30 horas en primeira convocatoria, ás 11:45 horas en segunda, e ás 12:00 en terceira, dacordo coas seguintes ordes do dia: 

 

15
Jun

Xoga no Galicia 2021-2022

 

Xoga no Galicia 2021-2022

Estimados socios, socias e simpatizantes:

 

A SDC Galicia de Mugardos, en vista da clara melloría nesta situación que estamos a vivir derivada da pandemia, retoma toda actividade. Xa estamos a traballar para planificar a próxima tempada tanto para os plantéis senior coma para o noso fútbol base.

Próximamente poderemos darvos máis información sobre os equipos de base (biberóns, pre-benxamíns, benxamíns, alevíns, infantís, cadetes e xuvenís). Arestora non hai data para o inicio da actividade, pero, en caso de surxir calquera dúbida, podedes contactarnos por calquera das nosas canles nas redes sociais ou escribindo unha mensaxe ao noso correo sdcgalicia@gmail.com.

Un cordial saúdo.

A Xunta Directiva.

24
Feb

Comunicado Oficial 24/02/2021

 

COMUNICADO OFICIAL 24/02/2021

Estimados socios, socias e simpatizantes:

 

A Real Federación Galega de Fútbol vén de comunicarnos recentemente un novo plan competicional para a Preferente Galicia consistente nun formato exprés con ascensos pero sen descensos, do mesmo xeito que os equipos que decidan non participar non serán sancionados.

 

30
Dic

Comunicado Oficial 30/12/2020

 

COMUNICADO OFICIAL 30/12/2020

 

Estimados socios e simpatizantes:

Como ben sabedes, fai unhas semanas a Real Federación Galega de Fútbol comunicou a proposta para o fútbol galego de cara a esta tempada. A partir do vindeiro mes de Xaneiro voltarán as competicións a Galicia, seguindo o disposto nun plan de desescalada aprobado pola Xunta de Galicia, que inclúe protocolos especiais e medidas de prevención fronte á COVID-19.

4
Sep

Nota de Prensa Referente á Tempada 20/21

NOTA DE PRENSA 03/09/2020

 

OS CLUBES FIRMANTES SOLICITAN INFORMACION SOBRE A SITUACION ACTUAL E FUTURA NA CATEGORIA PREFERENTE GALICIA – GRUPO 1º

3
Jun

Fin da Tempada 19-20

 

 

A Real Federación Galega de Fútbol fixo pública, o pasado 27 de Maio, a resolución referente á finalización da presente tempada.  En canto aos diferentes equipos da SDC Galicia de Mugardos, finalizan a tempada no posto clasificatorio acadado na última xornada disputada previa á suspensión da competición pola COVID-19. Así pois, queda pechada a tempada 19-20 que nos deixa con tristura e cun sabor agridoce pola forma de resolverse e polas circunstancias excepcionais xa coñecidas por todos.

30
Sep

Roupa oficial do Galicia

Xa se encontra dispoñible a tenda online pra poderes mercar a roupa oficial da S.D.C "Galicia de Mugardos".

Preme no seguinte enlace pra botares unha ollada:

Acceso Tenda

Suscribirse a SDC Galicia de Mugardos RSS