Xoga no Galicia 2021-2022

 

Xoga no Galicia 2021-2022

Estimados socios, socias e simpatizantes:

 

A SDC Galicia de Mugardos, en vista da clara melloría nesta situación que estamos a vivir derivada da pandemia, retoma toda actividade. Xa estamos a traballar para planificar a próxima tempada tanto para os plantéis senior coma para o noso fútbol base.

Próximamente poderemos darvos máis información sobre os equipos de base (biberóns, pre-benxamíns, benxamíns, alevíns, infantís, cadetes e xuvenís). Arestora non hai data para o inicio da actividade, pero, en caso de surxir calquera dúbida, podedes contactarnos por calquera das nosas canles nas redes sociais ou escribindo unha mensaxe ao noso correo sdcgalicia@gmail.com.

Un cordial saúdo.

A Xunta Directiva.