Fin da Tempada 19-20
A Real Federación Galega de Fútbol fixo pública, o pasado 27 de Maio, a resolución referente á finalización da presente tempada. En canto aos diferentes equipos da SDC Galicia de Mugardos, finalizan a tempada no posto clasificatorio acadado na última xornada disputada previa á suspensión da competición pola COVID-19. Así pois, queda pechada a tempada 19-20 que nos deixa con tristura e cun sabor agridoce pola forma de resolverse e polas circunstancias excepcionais xa coñecidas por todos.
Queremos agradecer a todos os nosos socios e socias, empresas e institucións que fomentan e fan posible co seu apoio a práctica deportiva do noso Galicia.
Por outra banda, a pesar de que, como comunicamos na asemblea das pasadas eleccións, a nosa idea inicial era de continuarmos até a finalización da presente tempada, esta Xunta Directiva quere mostrar o seu compromiso co Galicia continuando coa xestión do clube. Entendemos que é o mellor para entidade na situación actual.
Con moitas incertezas, pero co maior dos esforzos, comezamos a traballar na seguinte tempada. Ao longo das vindeiras semanas iniciaranse comunicacións con todas as figuras deportivas do clube.
Coma sempre, quedan a disposición de socios, simpatizantes, pais, nais, etc., todas as canles de comunicación habituais do clube.
Moito ánimo.
Unha aperta,
A Xunta Directiva.