Feminino, Xuvenís, Cadetes e Infantís

Celebrada onte a reunión na sede da Federación de Ferrol xa son oficiais os grupos e as datas de comezo das competicións

Feminino

Un grupo de 15 equipos (este ano non hai equipos de A Coruña). A liga comenzará o 15 de setembo e finalizará o 27 de abril. A continuación disputarase a Copa

Xuvenís

Un grupo de 18 equipos, a liga comenzará o 15 de setembro e rematará o 18 de maio e a continuación disputaráse a Copa.

Equipos: Eume, Galicia de Mugardos, G. Caranza B, Narón, Perlío, Meirás, Cedeira, Neda, Portuarios, R. San Pedro, Numancia, Cariño, Miño, Ensanche, Ánimas, Maniños, San Sadurniño e Val B.

Cadetes

Dous grupos de 11 equipos cada un. A primeira fase, que servirá de clasificación e de Copa, comenzará o 22 de setembro e rematará o 1 de decembro. Os campións de cada grupo disputarán a final de Copa o 25 de Maio. Os cinco primeiros de cada grupo e o mellor sexto formarán o Grupo 4 e disputarán o título de liga e as prazas para a fase de ascenso, o resto de equipos formarán o Grupo 5 e disputarán o Torneo Delegación de Ferrol.

Equipos Grupo A: Galicia de Mugardos, Maniños, Perlío, Cedeira, Neda, Portuarios B, R. San Pedro, Numancia, Miño, Ortigueira e G. Caranza B.

Equipos Grupo B: R. Ferrol B, As Pontes, Ánimas, Narón, Eume, Meirás, Val, Cebarca, San Sadurniño, Ensanche e Amistade Meirás.

Infantís

Dous grupos de 13 equipos cada un. A primeira fase, que servirá de clasificación e de Copa, comenzará o 15 de setembro e rematará o 1 de decembro. Os campións de cada grupo disputarán a final de Copa o 25 de Maio. Os seis primeiros de cada grupo formarán o Grupo 4 e disputarán o título de liga e as prazas para a fase de ascenso, o resto de equipos disputarán o Torneo Delegación de Ferrol.

Grupo A: Portuarios, Narón B, Maniños, Escola R. Ferrol, Amistade Meirás, R. Ferrol B, Cariño, R. San Pedro, As Pontes, Cedeira, Perlío, Val e Ortigueira.

Grupo B: Portuarios B, Narón, Meirás, Numancia, Ánimas, Miño, Galicia de Mugardos, San Sadurniño, Neda, G. Caranza B, Eume, Escola G. Caranza e Ensanche.