Novos Vestiarios: Xa están aquí !!!

Comezaron as obras dos novos vestiarios.

Finalmente os vestiarios novos para o campo de herba artificial construiraos o Concello.

Debido á gran necesidade de ampliación dos vestiarios propiedade do Club e os problemas de espazo para construílos no Campo Municipal, optouse por instalar uns vestiarios provisionais prefabricados e autorizar ao Concello á súa colocación temporal nos terreos do club,  ata que se dispoña do seu lugar definitivo.

Tamén queremos comunicar que na Xunta Xeral Ordinaria celebrada o domingo 19 de maio, aprobouse por unanimidade a construción duns novos vestiarios, pero debido a que o Concello decidiu levar a cabo este proxecto, decidimos deixar aparcado a construción doutros vestiarios ata a próxima Xunta Xeral Ordinaria onde se informará e se decidirá que facer. Mentres tanto procederemos á devolución dos donativos feitos por varios socios e colaboradores do Club.

Agradecendo a todos a vosa colaboración, saúda

A xunta directiva