VETERANOS NUMANCIA - GALICIA DE MUGARDOS

O vindeiro sábado, 4 de xaneiro de 2014, ás 11.30 da mañá, xuntaranse en Prados Vellos os ex-xogadores do Numancia e do G. Mugardos para celebrar unha xornada de confraternidade. A participación está aberta a todos aqueles que, no seu día, xogaran tanto no Numancia coma no G. Mugardos, sen límite de idade.

Os dous responsables da organización deste evento son Pachi polo Mugardos e Fran Bardanca polo Numancia. Eles son os encargados de confeccionar os dous planteis, por tanto, calquera ex-xogador que estea interesado en participar debe pórse en contacto con eles ou cos clubs respectivos.

Cada participante terá que aportar unha módica cantidade para colaborar nos gastos da "pinchada" que haberá ao finalizar o partido.