II TORNEO CONCELLO DE MUGARDOS DE F-8

A SDC Galicia de Mugardos e o Concello de Mugardos organizan o II Torneo Concello de Mugardos de F-8 que se disputará no Campo Municipal de A Pedreira-Mugardos na Semana Santa de 2014. O torneo está dirixido ás categorías Alevín, Benxamín e Prebenxamín e as datas correspondentes a cada categoría serán:

  • Prebenxamín: Xoves 17 de Abril
  • Benxamín: Venres 18 de Abril
  • Alevíns: Sábado 19 de Abril

O torneo contará coa presenza de equipos da zona de Ferrolterra e equipos da zona de Coruña, desta forma os nenos/as terán a oportunidade de coñecer e disfrutar con outros nenos/as cos que non o fan ó longo da temporada nas súas competicións habituais. Dende o noso club e o Concello de Mugardos seguimos apostando polo fomento do deporte de base, entendendo o mesmo no só como competición, senón por encima de todo, como medio de educación e socialización dos nosos nenos/as, aportando unha serie de valores básicos e moi enriquecedores a nivel persoal de cara a súa formación como deportistas e como persoas.

Como se pode ver no horario, o torneo se disputará cada categoría un día en horario de maña e tarde. No propio campo de fútbol colocarase unha carpa onde se servirá comida(empanada, paella, churrasco, chourizos, pasta, bocadillos,…), a precios económicos, para  todo aquel que desexe quedarse a comer, tanto os nenos/as que participan no torneo como os acompañantes. Ademáis, se as condiciones meteorolóxicas o permiten, estase estudando a posibilidade de instalar algún “hinchable” ou outro tipo de atracción para que os nenos/as poidan entreterse no tempo libre que teñen entre partido e partido.

Resultados do Torneo aquí