FESTA FIN DE TEMPORADA DA ESCOLA DE FÚTBOL

Como peche da temporada 13-14, o próximo sábado 28 de xuño, a partir das 12:00 h, celebraremos a tradicional Festa de Fin de Temporada da Escola de Fútbol do Galicia de Mugardos (categorías: Infantil, Alevín, Benxamín, Prebenxamín e Biberón). Como en anos anteriores, os máis pequenos do club poderán disfrutar de diversos xogos e partidos de fútbol, ademáis de hinchables e da Festa da Espuma e recibirán un agasallo do club.

Para a comida está previsto organizar unha churrascada (10 € os adultos e os nenos gratis) polo que dende o club pregamos que, se é posible, os que teñan previsto asistir avisen con anterioridade para unha mellor organización, os delegados de cada categoría teñen unhas listas onde é posible anotarse. Recordamos tamén que ese mesmo día é o previsto para que os nenos entreguen o material deportivo.