Apoio total do Galicia de Mugardos a Manolo Mesa

A Xunta Directiva da SDC Galicia de Mugardos quere manifestar, a raíz dos comentarios que un particular verteu na persoa de D. Manuel Mesa García, referente a "actitudes sexistas e de falta de igualdade", o seguinte:

En todos estes anos de relación persoal, deportiva  e profesional con D. Manuel Mesa García, como Delegado federativo da Federación Galega de Fútbol, e antes, nas súas múltiples facetas no mundo do fútbol base, sempre nos mostrou unha gran receptividade hacia o fútbol feminino, sendo un dos grandes impulsores das competicións nese ámbito. O fútbol feminino, en Ferrolterra, non se podería entender sen a figura de D. Manuel Mesa García, un dos fundadores da Liga Feminina de Fútbol 8, que permite a máis de 200 mulleres e nenas disfrutar tódolos fins de semana da súa pasión, e o principal artífice das seleccións Sub 12, Sub14 e Absoluta Feminina.

Tras moitos anos de relación persoal e profesional, os membros desta directiva só temos  palabras de eloxio para Manolo Mesa. Palabras ratificadas polos feitos, nos que demostra a entrega, o cariño e unha total igualdade entre o fútbol feminino e o masculino, e que comprobamos en primeira persoa como un dos clubs integrantes da Liga de Fútbol 8 Feminino.

Polo tanto, esta Xunta Directiva manifesta e reitera o máximo apoio á persoa de D. Manuel Mesa García, no convencemento de que as acusacións feitas sobre él carecen de fundamento.