Asamblea Xeral Ordinaria

A Xunta Xeral Ordinaria da SDC Galicia de Mugardos terá  lugar no Casino Mugardés o vindeiro Domingo día 22 de Abril de 2012, ás 11:00 en primeira convocatoria e ás 11:30 horas en segunda convocatoria , co arreglo o seguinte: 

ORDE DO DÍA :

1.- LECTURA E APROBACIÓN DO ACTA ANTERIOR.

2.- ESTADO DE CONTAS.

3.- INFORMACIÓN XERAL.

4.- ELECCIÓN DE PRESIDENTE

5.- ROGOS E PREGUNTAS.

 

Nota informativa: O actual Presidente do Galicia de Mugardos, Domingo Martínez Garabana, quere informar aos socios-as do Club que non se presentará ás próximas eleccións para Presidente do Club. Domingo quere manifestar que para él foi unha satisfacción presidir o Club durante estes anos, pero considera que é o momento de que outra persoa se faga cargo do Galicia de Mugardos.

A Directiva da SDC Galicia de Mugardos quere manifestar que dada a situación actual sería convinte que todos e cada un dos socios seguíramos colaborando co Club.