Programa Fénix

A Federación Galega de Fútbol pon en funcionamento o Programa Fénix, unha aplicación informática, creada pola Federación Española de Fútbol, na que se recollerán todos os datos persoais de todas as persoas que teñan algún tipo de relación co mundo do fútbol: futbolistas, adestradores, preparados físicos, directivos,.... O primeiro paso deste programa é a afiliación, a través de internet, dos diferentes membros. A afiliación é un paso obrigatorio para tódolos futbolistas, xa que o que non figure inscrito no programa non poderá tramitar a ficha da temporada 2012-13, para os futbolistas que sexan menores de idade será necesario que previamente se afilie un dos tutores legais. A afiliación se realizará a través da páxina web da Federación Galega, www.futgal.com, no enlace do programa Fénix, será necesario ter a man unha foto, o DNI e unha conta de correo electrónico.