Premio Estudo e Deporte

O IES Mugardos, en colaboración co Concello de Mugardos, o Club do Mar de Mugardos e o Galicia de Mugardos, é o impulsor dunha iniciativa que pretende premiar aos estudantes do centro que mellor se desenvolven nos aspectos social, deportivo e académico e así poñer en valor aos xoves con habilidades sociais capaces de organizarse e de programar o seu tempo con eficacia para render positivamente nos estudos e no deporte. Haberá dous premios, masculino e feminino, e tres categorías (ESO 1-2, ESO 3-4 e BAC) e o Comite Avaliador valorará os seguintes apartados: Respecto, Rendemento e Participación. Os premios consistirán en diploma, trofeo e dotación económica. Para máis información, visitar a páxina web do IES Mugardos, http://www.edu.xunta.es/centros/iesdemugardos/