Torneo Abegondo

O vindeiro xoves, 17 de maio do 2012, celebrarase nos campos de fútbol de Abegondo, o IX Torneo fútbol “Real Club Deportivo da Coruña” Alevín - 7 e Benxamín - 7. A SDC Galicia de Mugardos participa nesta competición nas categorías de alevín e benxamín. Participan 96 equipos alevíns e 96 benxamíns pertencentes a 64 clubs de toda a xeografía galega, repartidos en 32 grupos por categoría. A fase clasificatoria desenvolverase polo sistema de liga a unha volta con partidos de 20 minutos, pasando a fase final os campións de cada un dos 32 grupos.

O calendario da fase clasificatoria do equipo ALEVIN é o seguinte:

10:25 : Galicia de Mugardos - Rayo Sadense A, no campo nº 15

11:40 : Unión Cee - Galicia de Mugardos, no campo nº 15

O calendario da fase clasificatoria do equipo BENXAMIN é o seguinte:

12:05 : Galicia de Mugardos - CIA María B, no campo nº 1

13:20 : Portazgo A - Galicia de Mugardos, no campo nº 5

Toda a información Aquí