Fase de ascenso á Liga Galega Xuvenil

Hoxe celebrouse na FGF o sorteo da Fase de ascenso á Liga Galega Xuvenil, na primeira ronda da fase o Galicia de Mugardos enfrontarase ó segundo clasificado do grupo de Santiago, que poden ser o Sp. Estrada ou a E.F. Lalín. Ata este fin de semana non se saberá con seguridade cal dos dous conxuntos será o rival, xa que neste grupo ainda quedan duas xornadas por disputarse. O partido de ida disputarase en Mugardos o día 28 de Maio e a volta o 3 de xuño. No caso de clasificarse nesta primeira ronda, o seguinte rival sairía do cruce Orillamar - 5º clasificado do grupo de Santiago.
No mesmo sorteo, o outro representante da comarca, a SD O Val medirase ó Imperator de A Coruña, e no caso de clasificarse o seu rival sairá do cruce Baio - 4º clasificado do grupo de Santiago.
Resultados:
Galicia de Mugardos - Sp Estrada: 2-1
Imperator - O Val: 1-4