Aberto o prazo de inscrición para os equipos de base

A SDC Galicia de Mugardos informa que está aberto o prazo de inscripción para novas incorporacións aos equipos de base. Para obter máis información poden dirixirse ás oficinas do Club no Campo da Pedreira ou ao correo electrónico do Club, galiciademugardos@yahoo.es

Recordamos as datas de nacemento de cada categoría:

Biberón: Anos 2008 e 2007

Prebenxamín: Anos 2006 e 2005

Benxamín: Anos 2004 e 2003

Alevín: Anos 2002 e 2001

Infantil: Anos 2000 e 1999

Cadete: Anos 1998 e 1997

Como novidade para esta temporada, na Asamblea da Federación Galega, decideuse que desaparece o Fútbol-7, xa que as categorías de Biberón, Prebenxamín, Benxamín e Alevín disputarán os seus partidos na modalidade de Fútbol-8