Noticias

13
Jun

Gala do fútbol de Ferrolterra

O Presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán Abal, presidiu na noite do venres 12 de xuño a Gala de Fútbol de Ferrolterra - Premios Voltaaría que congregou a preto de 1.000 persoas no magnífico auditorio do Pazo da Cultura de Narón. A FGF tamén estivo representada polo Directivo Pablo Prieto, o Secretario Xeral, Diego Batalla, e o Delegado en Ferrol, Manuel Mesa, máximo responsable da organización do acto xunto a Xan Morales, director do portal web deportivo de Ferrolterra Voltaaría.

12
Jun

IV Premio Estudo e Deporte

Parabéns a todos/as os participantes!!!

Gala de entrega dos premios: Salón de actos do IES Mugardos o 19 de xuño ás 12:30 h

Acta do xurado

4
Jun

Nota da Presidencia

Dende a presidencia do Galicia de Mugardos, e ante a noticia publicada no día de hoxe no Diario de Ferrol, na que di que o próximo domingo na Asemblea Xeral Ordinaria voume a presentar á reeleción a presidencia, quero aclarar que por motivos personais non me presento a reelección.

Moitas grazas a todas e a todos polo voso apoio a este club, unha aperta,

Javier García Dieste

Presidente

2
Jun

Xunta Xeral Extraordinaria

Domingo 21 de xuño ás 11:30 en primeira convocatoria e ás 12:00 en segunda, no Casino Mugardés

Páginas

Suscribirse a Noticias